Que imos facer?

Para conseguir todo o que viñemos contando ata agora, propoñémosche que volvas a ser neno/a durante uns días.

CONSTRUCCIONES2O noso desexo é crear un campamento de maiores (non é o campa ao que estás acostumado, todos os asistentes teremos máis 18 anos) onde os participantes nos sintamos coma un rapaz ou unha rapaza que asiste a un campamento scout real, un dos millóns que se celebran ao redor do mundo cada ano.Nos campamentos scouts os rapaces e rapazas teñen que implicarse nas tarefas do campamento para gañar autonomía.

Así que como participantes, teremos que montar a tenda de campaña na que imos durmir, colaborar na cociña, lavar os cacharros, montar pequenas infraestruturas como mesas ou tendais, aplicar técnicas de orientación nunha ruta… E, por suposto, xogar, cantar e pasalo nun ambiente de camaradería monitoril.

risoterapia2Será unha experiencia vivencial pero tamén formativa, na que todos nós,, ademais de vivir unha experiencia scout, aprenderemos técnicas, dinámicas e outros recursos de aplicación para a nosa labor profesional e asociativa como monitores e monitoras. Se ben o equipo promotor do proxecto prepararemos e desenvolveremos as actividades guiadas principais, haberá espazos que constituirán unha base de intercambio horizontal no que todas e todos teremos a oportunidade de presentar diferentes ideas, cancións, xogos e dinámicas.

Queremos pasalo ben, que sexa unha experiencia sobre todo divertida e de aprendizaxe, revivindo unha das actividades preferidas dos que nos gusta isto do tempo libre: irnos de campamento.

Enclave

O campamento terá lugar no Centro medioambiental “Narahío recuncho scout” localizado nunha pequena aldea chamada Narahío, situada nun enclave privilexiado a escasos metros dun castelo… máis

A ter en conta

Como queremos lograr que a experiencia sexa o máis parecida posible a un campamento scout real, debes de saber que este campamento non conta… máis

Prezo

O campamento é GRATUITO e inclúe… máis

Facendo a mochila

Poderíache facer falta… máis