Como queremos lograr que a experiencia sexa o máis parecida posible a un campamento scout real, debes de saber que este campamento non conta, como soe acontecer na maioría dos campamentos scouts, con algunhas das comodidades que estamos acostumados no noso día a día. As duchas, por exemplo, non dipoñen de auga quente. Por outra banda, a electricidade é limitada xa que unicamente provén dun xerador de corrente e dunha pequena placa solar. Cremos que estes detalles máis que seren un impedimento, farán que a túa experiencia sexa máis estimulante e natural.
Como soe acontecer nas actividades scout, o aloxamento será en tendas mixtas de rapazas e rapazas.
Aínda que somos todos adultos e responsables, vemos importante establecer unha serie de normas para garantir a boa convivencia do grupo. É por iso que dentro da instalación non estará permitido o consumo de ningún tipo de bebida alcohólica ou de substancia prohibida. Así tamén, a persoas que sexan fumadoras terán que saír do recinto da instalación para poder consumir o seu tabaco nun espazo que se habilitará a tal efecto.
Que imos facer?
Para conseguir todo o que viñemos contando ata agora propoñémoste que volvas a ser neno/a durante uns días… máis
Enclave
O campamento terá lugar no Centro medioambiental “Narahío recuncho scout” localizado nunha pequena aldea chamada Narahío, situada nun enclave privilexiado a escasos metros dun castelo… máis
Prezo
O campamento é GRATUITO e inclúe… máis
Facendo a mochila
Poderíache facer falta… máis