Scouts? Que é iso

Scouts… Isscoutpor_Fotor_Collageo non é unha seita? ¿Non son uns rapaces americanos disfrazados que venden galletiñas? ¿Non che soa a algo dunha xente que adestra aos nenos para que sexan militares? ¿Non son un grupo de persoas ultrarelixiosas e homófobas que rexeitan a grupos non católicos?

Non te avergonces, seguramente algunha vez pensaches isto ou sabes de alguén que está seguro diso. Tamén algún de nós, antes de coñecer dende dentro o mundo scout, tiñamos este tipo de prexuízos.

Aínda que a orixe dos campamentos, actividade de Ocio e Tempo Libre por antonomasia, ten a súa orixe no mundo scout, moita xente ten unha percepción negativa de nós, estereotipada, que non se corresponde nin fai xustiza ao momento actual do movemento scout.

O movemento scout é un movemento educativo internacional ao que pertencen máis de 30 millóns de persoas, entre mozos e mozas e adultos, homes e mulleres, que comparten un mesmo sistema de valores a través da Promesa e a Lei Scout: o desexo de construír un mundo mellor.

fojo21.40.38A misión do escultismo ou movemento scout é a de contribuír á educación dos mozos e mozas para axudar a crear un mundo mellor onde as persoas poidan desenvolverse como individuos e xogar un papel construtivo na sociedade.

Cada grupo scout basea o seu método educativo na acción, na responsabilidade e na confianza. A través do tempo libre, formamos nenos, nenas, mozos e mozas en varios planos: social, psicolóxico, intelectual, emocional…

Os monitores e monitoras dos grupos scouts guían aos rapaces para que poidan dar forma a os seus proxectos, a traballar en equipo, a ser máis autosuficientes, a gañar confianza, a ser máis responsables e comprometidos.

Este campamento consiste nunha presentación en primeira persoa da metodoloxía coa que se traballa neste movemento. Amosarche o escultismo como un método educativo onde prima a adquisición de valores sociais, a autonomía e a capacidade crítica (sempre en relación á realidade, en momentos e lugares diferentes) é o obxectivo final do noso proxecto.

Captura de pantalla 2015-09-02 a la(s) 19.05.49

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s