Preguntas frecuentes

Sobre a actividade

¿Que actividades imos facer?

É un campamento e como tal faremos actividades propias dun campamento “normal” como xogos, cancións, rutas, pero tamén as que son máis de tipoloxía scout, como lumes de campamento, cociña campeira, orientación, construción en madeira, etc.

¿Cal é o obxectivo da actividade? Non me iredes a quentar a cabeza con fricadas scout!

Non te preocupes. A idea é ir a pasalo ben, nun ambiente de compañeirismo e camaradería entre monitores e monitoras (e asimilados) xogando e compartindo experiencias de vida de campamento. Neste ambiente irémosvos presentando de xeito sinxelo e ameno algunhas características do noso “rollo” scout. Nada de conferencias, clases maxistrais, powerpoint, nin nada semellante. É unha actividade activa e o primeiro será sempre divertirse a tamén aprender da convivencia.

Cando chegamos e cando marchamos?

Os horarios aínda non os temos totalmente pechados, pero a idea e ir incorporándonos durante a tarde do día 18 para cear todas e todos xuntos. A actividade finalizará pouco despois do xantar do domingo 20, despois de limpar e recoller.

Sobre os scouts

Pero, ¿os scouts son algo relixioso?

Non. Hai moitos grupos que non traballan nada de temas relixiosos e mesmo se identifican como laicos e/ou participan deles persoas abertamente ateas ou agnósticas. Tamén é certo que outros grupos están relacionados coa Igrexa Católica e traballan contidos da súa fe dentro das súas actividades como xeito de entender e vivir as súas crenzas. No escultismo hai sitio para todo o mundo, e cada quen pode atopar unha opción acorde aos seus valores e crenzas.

E certo que nos scouts non se aceptan ou marxinan ás persoas homosexuais?

Para nada! Ningún grupo scout pode marxinar a ninguén pola súa orientación sexual, nin pola súa raza, crenzas ou pensamento político. Facelo sería algo que atentaría contra os valores scouts que nós defendemos.  De feito, non é pouco común que entre as nosas bases haxa monitores/as ou educandos que manifestan e viven abertamente a súa homosexualidade sen que iso sexa un problema para ninguén. Certo é que noutros territorios, nomeadamente en Norteamérica, houbera restricións ao respecto, que afortunadamente parecen xa ter corrixido.

 Pero nisto dos scouts non ides os rapaces por un lado e as rapazas polo outro?

Todo vai evolucionando. Na nosa entorno hai décadas que deixamos de ser boyscouts ou girlscouts e xa somos todos simplemente scouts. Apostamos pola coeducación e en todos os grupos e actividades mozas e mozos están xuntos e teñen idénticas tarefas e responsabilidades. Mesmo o aloxamento, xa dende pequenos, é sempre mixto.

Pero iso non é un pouco militarista?

Nada diso. Este é outro erro frecuente debido, entre outras cousas, a que hai bastantes anos os uniformes, que imitaban o xeito de vestir dos exploradores, semellaban aos dos soldados. Tamén antigamente os méritos e a evolución dos rapaces evidenciábanse con chapas, insignias ou distintivos que contribuían a causar ese efecto.  O pacifismo é un dos nosos sinais de identidade e condenamos o uso da violencia, non tendo ningún tipo de relación nin intereses co militar.

Máis preguntas?

Tes preguntas xerais que non aparecen nesta lista? Por favor, utiliza a caixa de comentarios que hai ao final da nova para introducir as túas preguntas e sumarémolas, coa súa correspondente resposta, a este apartado. Grazas!