Campamento SacaOTeuLadoScout 2015

Un proxecto ilusionante feito realidade.

sacaoboa

As persoas que ves nesta foto teñen algo en común. A parte de estar facendo o parvo, e gustarlles facelo, están formándose na educación non formal mentres desfrutan no intento. Son os participantes do Campamento SacaOTeuLadoScout 2015.

O obxectivo polo que viñan era claro: mergullarse dentro dun campamento Scout real para coñecer os beneficios desta metodoloxía educativa e desterrar os falsos mitos que existen sobre ela.Captura de pantalla 2016-03-08 a la(s) 12.51.37

Tras preparar o seu macuto sen saber moi ben a onde viñan, puxeron rumbo ao Recuncho Scout Narahío, na Coruña, dende distintos e dispares puntos de Galicia.

De cidades e vilas foron chegando aos poucos ata o lugar do campa, instalado ao carón dun río e en plena natureza, marco espacial onde se desenvolven a meirande parte das actividades Scout.

Os participantes déronse conta rápido de que non viñan pasar unha finde nun risort de pulseriña e mirar de que ía o conto, se non que viñan a facer e a aprender facendo.

Os promotores do proxecto repartiron brúxulas de agasallo entre os participantes, que pareceron diminuír un pouco a típica desorientación que se ten ao chegar a un lugar novo e descoñecido, e invitáronlles a comezar eles mesmos coa montaxe das cousas que lles farían falla para pasar a fin de semana.

E así, tal e como fan os rapaces e rapazas scouts ao comezo de cada campa, montaron as súas tendas de campaña e mochileiros, entre outras cousas, tendo en conta os consellos dos promotores sobre o lugar e orientación óptimos de acampada. Para isto, valéronse da axuda de serras, mazos, gubias, alcotanas… instrumentos que para moitos deles eran totalmente descoñecidos ata o momento.

Como é ben sabido o traballoCaptura de pantalla 2016-03-08 a la(s) 12.19.39 dá fame, e aínda que a comida do campa durante toda a finde foi feita, e que ben feita!, por Rafa, na primeira cea compartiron entre todos os manxares que trouxo cada un da casa. Empanada, tortilla, ensaladilla, rosquillas… desfilaron pola longa mesa, misturándose entre interesantes conversacións sobre escultismo, tempo de lecer en Galicia, importancia da educación en valores no desenvolvemento dos rapaces… E é que cando xuntas a monitores, profes, técnicos de TAFAD ou integradores sociais nun mesmo espazo, estes temas non poden tardar en saír. Deus os cría e eles se xuntan.

Cae a noite e é o momento para iniciarse nun dos xogos predilectos nas noites scout, os xogos de axexo. Os dous equipos do xogo, ataviados con roupa escura e lanternas, tentaron entrar na base do contrario para descubrir o seu código secreto. Para elo tiveron que organizarse ben cos seus compañeiros de equipo e defendelos con unllas e dentes ante o común “enemigo”. E pensar que só unhas horas atrás eran auténticos descoñecidos…

Os Scouts divídense en seccións ou grupos de idade. Cada sección ten a súa metodoloxía educativa adaptada á idade do rapaz, quen vai pasando por cada unha delas durante o seu tempo no grupo scout, isto é, dende os 7 aos 21 anos. Os participantes tiveron a oportunidade de vivir e coñecer qué se traballa en cada sección, xa que a medida que ía desenvolvéndose o campa eles ían “medrando” e pasando a formar parte dunha sección diferente, sentíndose verdadeiros lobecos, tropeiros, escultas e robers.

Captura de pantalla 2016-03-08 a la(s) 12.14.37Nas súas últimas horas sendo membros da manada, a sección dos rapaces scouts máis pequenos, os participantes constituíron un Consello de Rocha, unha asamblea de todos os membros da manada onde os propios nenos, apoiados polos seus monitores, reflexionan sobre a marcha do campa e toman decisións importantes. Sentados no chan baixo os carballos ao redor da tímida luz das antorchas, os participantes compartiron as súas primeiras impresión do campa á vez que se deron de conta da utilidade desta ferramenta educativa.

A mañá do sábado comeza cedo, xa que hai moito que facer. No acto comunitario que dá comezo ás longas xornadas dos campamentos Scout, os participantes remataron de despertarse bailando unha danza scout. Tamén escoitaron e reflexionaron cun dos textos que se soen ler nestes actos comunitarios, onde normalmente os rapaces e rapazas interveñen e dan a súa visión sobre o que quere amosar o texto.Captura de pantalla 2016-03-08 a la(s) 12.13.21

Tanto os tropeiros, sección na que na mañá do sábado se integraron o asistentes, como tod@s os rapaces e rapazas, fan as súas propias mesas, onde comen, se reúnen e realizan actividades durante os quince días de campamento. Como os participantes deste particular campa non ían ser menos, puxéronse mans á obra. Para elo foron instruídos en técnicas básicas de construción con madeira e ensinóuselles a facer nós e amarres.

O sentimento de unión e de familia que se crea nos campas Scout foise palpando a medida que pasaban as horas.

Pero hai que dicir que un campamento scout non é tal se non se xoga ao deporte “oficial”, o Baseball Scout. Nel os participantes demostraron estar en boa forma.

No tempo librCaptura de pantalla 2016-03-08 a la(s) 12.14.03e deu tempo de visitar a fervenza que está preto do campa, aínda que só dúas valentes se atreveron a probar as xélidas augas do “Río Limpo”.

Mesmo se foi a tónica durante todo o campa, no serán do domingo reservous
e un espazo horizontal onde aprender uns dos outros. Os participantes puideron compartir e intercambiar xogos, cancións e bailes entre eles, amosando tamén a utilidade e valor educativo de cada un destes.

Pola noite simulouse un lume de campamento. Ao calor da xente esta vez e a ritmo de guitarra e ukelele, cantáronse cancións de campamento e Captura de pantalla 2016-03-08 a la(s) 12.23.43mesmo do cancioneiro popular galego. Todo elo ao carón dun impresionante castelo en ruínas e onde se amosou tamén como levar a cabo un proceso de deliberación horizontal con éxito, algo típico da Esculta, unhas das seccións scouts. A noite rematou cun obradoiro de estrelas.

Moitos se preguntaban que facían metendo nas súas mochilas ollas, latas de fabada ou cociniñas de camping gas. Era domingo pola mañá e era tempo de irse de ruta. Os Scouts non ven as rutas como un paseo pola natureza, que tamén, se non como unha gran oportunidade para aplicar todo o aprendido e para superarse a un mesmo. Moitas veces as rutas traen consigo cansancio, bochas, sensación de desorientación, frustración, loita de intereses… Unha ruta é un marco inmellorable para aprender. A adversidade fai progresar persoalmente ao rapaz e afianzar o sentimento de grupo.

Captura de pantalla 2016-03-08 a la(s) 12.22.40Os roteiros deste campa, como os rapaces e rapazas scouts, saíron á aventura provistos dun mapa, dunha brúxula e de importantes nocións de orientación. Así, ao longo da ruta, foron trazando as coordeadas e seleccionando os mellores camiños para chegar ao seu destiño, algúns con máis pericia que outros.

Finalmente, todos chegaron sanos e salvos ao campa base. Con tempo suficiente para avaliar entre todos a fin de semana. Houbo tamén tempo para recibir a representantes das dúas principais federacións Scouts galegas, que remataron de aclarar as dúbidas sobre a metodoloxía Scout que todavía poideran quedar no tinteiro.

E como o Scout deixa o mundo mellor do que o encontrou, participantes e promotores puxéronse mans á obra na recollida do lugar que foi o seu hogar durante a fin de semana.

Captura de pantalla 2016-03-08 a la(s) 12.21.52

Os participantes leváronse un diploma de recordo da experiencia formativa que contiña tamén toda a información necesaria para dar o paso e converterse nun auténtico Scout.

Fin de semana de volver a ser neno outra vez, de convivencia, de aprendizaxe,  de natureza, de risas, de aventura, de intercambio, de compañerismo… Que foi quen de aportar multitude de coñecementos e experiencias aplicables no ámbito persoal e laboral dos participantes.

Un proxecto positivo e útil para a sociedade galega. Feito realidade grazas ao tempo e traballo desinteresado dos promotor@s e colaborador@s do proxecto, ao apoio económico da Xunta de Galicia a través da Iniciativa Xove, á estreita colaboración das Federacións Galegas de Escultismo e ao interese, motivación e bo rollo dos participantes.Captura de pantalla 2016-03-08 a la(s) 12.43.24

VÉMONOS na próxima edición de  SacaOTeuLadoScout !!!

 

Advertisements

Ei, OLA!!!

olaSi, si, falamos contigo. Non teñas medo, entra, entra e quédate uns minutiños.

Alegrámonos de que che picara a curiosidade e te deixaras caer por este sitio web. Gracias pola túa curiosidade da boa, a de aprender, a de coñecer todo o tempo algo novo, a de querer ir sempre máis alá.

E dirás… De que vai isto? Que son os scouts? Quen somos nós? Como é iso dun campamento para adultos? Que pinto eu nisto? E todo isto para que?…

PAINICIOPosiblemente, polo que terás visto pola televisión ou nas películas, podes ter a impresión de que isto dos scouts debe ser algo un tanto raro e trasnoitado, mesmo militarista, machista ou cousa de rudos espartanos. Sabemos que esa é a impresión que moitas veces se ten do mundo scout. Pero a nosa realidade é moi diferente a todos eses tópicos e, por iso, queremos pedirche que nos des a oportunidade de amosarte o que realmente somos hoxe: unha escola de cidadanía, empapada de valores de xustiza social, democracia, espírito crítico e igualitaria.

Agora tal vez sexan todo dúbidas, pero tranquilidade! Vai premendo nos diferentes botóns que ves arriba e saberás de que vai isto de #SacaOteuLadoScout

Comezamos?

recorda