Quen somos?

SCOUTSVARIAS3

Nós, como persoas impulsoras do proxecto e con diferentes experiencias como monitores e monitoras en distintos grupos scouts, queremos axudar a romper tópicos sobre o movemento scout, mostrando un chisco deste mundo que nos apaixona e no que creemos como camiño ideal para mellorar o noso entorno dende a educación non formal.

Queremos dar a coñecer a metodoloxía educativa scout isto especialmente entre os nosos compañeiros monitores e monitoras e demais profesionais do eido do tempo libre e da educación non formal.

SCOUTSVARIAS2Non somos “catedráticos” scouts, nin buscamos dar unha clase maxistral sobre este tema, xa que seguramente haberá xente moito máis preparada e con máis experiencia ca nós para facelo. queremos compartir contigo as nosas vivencias e a nosa forma de ver e sentir o escultismo, para que teñas un primeiro contacto coa metodoloxía educativa scout. Todo isto nunha convivencia de tres días nun campamento para maiores, onde teñamos a oportunidade de aprender os uns dos outros.

Como xurde a idea

Esta non é a proposta de nengunha asociación ou federación scout, senon que parte de monitores e monitoras, de base. Un día falando entre nós, comentabamos o que nos extrañaba que outros monitores e monitoras, namorados coma nós do traballo educativo con infancia e mocidade en entornos non formais, non coñeceran ou simpatizaran co movemento scout.

Pensamos que se cadra nunca tiveran unha oportunidade para achegarse e vivir unha experiencia “monitoril” nun ambiente scout e de aí xurde esta proposta, que conseguimos sufragar coa achega económica ao abeiro do programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia, que nos está a permitir ofrecerche participar de balde nesta experiencia …. ben, se é que te animas, claro!

captura-de-pantalla-2015-08-27-a-las-20-58-59

Unha vez lograda a financiación contactamos coas federacións scouts que hai en Galicia recoñecidas pola Organización Mundial do Movemento Scout (ASDE – Scout de Galicia e MSC – Escultismo Católico Galego) para contar coa súa colaboración. Queremos aproveitar estas liñas para agradecerlles seu interese na iniciativa e o apoio que nos veñen prestando dende un primeiro momento.

sacatuldoscout-620x100

En parte este proxecto inspírase tamén na campaña  “#SacaTuLadoScout“, de ASDE – Scouts de España, e que busca a promoción do voluntariado no mundo scout. O nome pareceunos tan adecuado que, co seu permiso, o tomamos para á nosa iniciativa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s